Wednesday 15 de May de 2024

‘Axuda a Burundi’ solicita a colaboración cidadá na recollida de material para a reforma dun orfanato


A ONG pretende encher un contedor marítimo con materiais de construción, equipos e xeneradores eléctricos, tubaxes para saneamento, utensilios de cociña, ferramentas agrícolas etc, para facelo chegar este próximo verán

Axuda a Burundi, asociación non gubernamental sen ánimo de lucro, solicita a colaboración da cidadanía, empresas, organizacións etc de cara á reforma integral do orfanato infantil Mugabezaki W´ingo, na localidade de Gitega.

Xeneradores e material eléctrico (cables, interruptores, bombillas etc), ferramentas agrícolas, materiais de construción (fiestras, portas etc), ferramentas, equipos de soldadura, tubaxes e elementos para redes de saneamento, utensilios de cociña, mosquiteiras, somieres, colchóns, roupa de cama, sanitarios, mobiliario, leite infantil etc. Con todo isto e con máis quérese encher un amplo contedor marítimo e 40 pés, a día de hoxe localizado no porte de El Mussel (Xixón).

Todo isto tamén se destinará ós labores de equipamento da nova infraestrutura construída con dotacións anteriores e na que se levan investido máis de 12.000 euros. Unha nave grazas á que os nenos e nenas pendentes de adopción dispoñen dun espazo onde durmir nunhas condicións hixiénicas e sanitarias cun mínimo de garantías,dotadas tamén de duchas e baños.

Axuda a Burundi nace fai algo máis dun ano grazas ao esforzo conxunto dos matrimonios compostos por Antonio Morán e María Jesús Pin e Javier López e Amelia Beloqui. Unha indea que xurdiu tras os procesos de adopción que ambas parellas levaron a cabo no país africano. “Ata o momento temos recollido xoguetes, alimentos non perecedoiros, produtos sanitarios infantís, mobiliario para a construción de parques infantís, bicicletas etc” explica Antonio Morán, quen insiste na importancia por encher canto antes o contedor para poder envialo entre os meses de agosto e setembro coincidindo coa estación seca. “Despois o traslado dende o porto farase imposible dadas as condicións das vías de comunicación da zona, que se converten en barrazais intransitables para un vehículo de gran tonelaxe como o que pretendemos utilizar”, explica Morán.

Alta tensión
O colaborador e fundador da ONG tamén insiste na importancia deste proxecto xa que “atende aos máis vulnerables, os nenos e nenas, dunha das poboacións máis pobres do mundo que ademais está sumida nunha guerra civil”. Unhas tensións que supuxo a expulsión de todas as organizacións de axuda e cooperación internacional, así como o bloqueo das axudas europeas a proxectos sociais e de desenvolvemento social”.

Ademais desta campaña Axuda a Burundi ten previstos outra serie de actos ou eventos co fin de recadar fondos. O I Torneo de Pádel Benéfico ERLAC (Escola de Relacións Laborais A Coruña) terá lugar dende hoxe ata o vindeiro domingo. Unha competición aberta a todas as persoas interesadas e nas que se darán cita deportistas. Tamén se poden facer donativos directamente dende a páxina de Facebook https://www.facebook.com/AxudaBurundi/, ou ben a través da conta ES39 2100 5855 3102 0012 7491.

Para calquera aclaración pódese chamar ao 616256651 ou ben a través do correo electrónico info@axudaburundi.org. Ademais tamén se dispón da páxina web www.axudaburundi.org
PUNTOS DE RECOLLIDA DE MATERIAL

A CORUÑA

ESCOLA SUPERIOR DE TÉCNICAS PARASANITARIAS. San Andrés 16,1° A Coruña.
CINDERELLA -Escola de Ballet. Trav. Arteixo 230, baixo, Arteixo.
NORTREC. Ines de Castro 7, A Coruña.
RIALTA Complexo Deportivo. Rúa de Laxe 122-124 (A Zapateira). Culleredo.
UTOPÍA FITNESS CLUB. Camiño da Praia 3. A Gándara-Naron
ESCOLA INFANTIL AS ESTRELIÑAS. Rua Poñente 12. Carballo.

ORDES

PEQUELÚA ESCOLA INFANTIL. Casabella 3 baixo, Ordes A Coruña
PROTECCIÓN CIVIL E BOMBEIROS. Polígono Industrial Parc 49

MADRID

VO BAR. Sánchez Pacheco 64, 28002 Madrid

XIXÓN

ONG NINGÚN NIÑO SIN CENAR. Avd. Constitución 31 baixo.
SEMILLAS (La Calzada) C/Chile 4,baixo.
SERRA MODA. Tomás Zarracina 1

OURENSE

MAMALUA. Tenda Lúdica. Rúa Santo Domingo 39, Galerías Sol Local 30
FERRETERÍA SAN FRANCISCO. Pena Corneira 16
COLUNGA (Asturias)

LA TIENDA DE PABLO
COLEXIO PÚBLICO BRAULI VIGÓN